As contrariedades da Política

Os grupos políticos mentres están na oposición manteñen unha liña coherente nos seus plantexamentos prográmaticos.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 13/07/2011

Comparte esta noticia

Non hai que gobernar, e opoñerse aínda que require un traballo continuado e responsable,  resulta moito máis doado que tomar decisión moitas veces complicadas. Unamumo dicía: gobernarás pero, a todos, non convencerás. O problema aparece cando tes que resolver os temas  que a cotío che plantexan os cidadáns e posicionarte para formar gobernos.  Os cidadáns non aceptan razoamentos máis ou menos coherentes.

Precisan solucións e canto antes mellor.  Pois ben, a día de hoxe determinados grupos políticos, manteñen un predicamento tan diferente dentro da súa organización que as decisións chocan frontalmente co que demanda a realidade social expresada nar urnas. Por tal motivo, cando chega a hora de posicionarse para ellexir un alcalde ou  gobernar aparecen  as grandes contradicións co que se dixo e  logo as frustracións.

Estes días, cando se están a constituir as maiorias e os equipos de goberno en moitas comunidades, aparecen as incoherencias e os mandatos das executivas centrais son saltados en función de diversos problemas e  argumentos locais.

O máis chamativo ven a ser o caso de Esquerda Unida en Extremadura, onde os acordos  tomados polos órganos centrais non foron escoitados polos seus  deputados. E coa abstención dos seus  tres parlamentarios o Partido Poular accede ao goberno desa comunidade, gobernada dende o seu  nacemento  polos socialistas. Foi, polo tanto, a abstención de Esquerda Unida a que propiciou a chegada ao goberno do PP nesa comunidade.

Os problemas  e as  liortas locais ás veces non son comprendidas nos órganos centrais dos partidos e logo pasa o que pasa. Difícil decisión tiveron que tomar os deputados de IU. Por iso comprendo que, a postura dos minoritarios, é tremendamente difícil. É sumamente complicada pois, cando de forma xeral está definida o apoio a unha única opción,  a forza política que é bisagra vaise convertindo nunha muleta a que chamará o aliado para salvarse da queima  electoral e a perda do poder. Isto  acontece tamén en Galiza onde, o nacionalismo fai acto de fé e afirma que nunca gobernará con determinadas formacións, polo que está xogando  soamente a favor dun dos maioritarios. Debe quedar nídio que cos conservadores galegos, a día de hoxe, resulta imposible facer pactos pois,  manteñen de forma obsesiva una política belixerante contra o nacionalismo. Lembremos os ataques ao idioma, por exemplo. Pero con todo,  as formacións  bisagra, se soamente son muleta dun grupo determinado, están entrando nunca órbita da que é moi difícil saír.

Penso que no caso galego teríamos moito que aprender doutras formacións políticas nacionalistas do Estado. Pois estas soamente buscan o ben da súa comunidade e pactan, facendo política con ámbolos lados do arco parlamentario. Claro que nesas comunidades os partidos de ámeto estatal traballan doutra maneira e son máis respectuosos co feito diferencial. Por iso, dende o nacionalismo hai que borrar a verba  enemigos e hai que sustituila  pola de  adversarios e todo elo sin que  ninguén teña que rachar  as vestimentas.

Esquerda Unida de Extremadura tomou unha decisión difícil. Non sei se amellor ou a pior. Iso xa o veremos co paso do tempo. Pero, ás veces, na política,  son necesarias as decisións extraordinarias. Pois, se  sempre goberna o mesmo, porque tu lle quitas as castañas do lume,  pode que a decisión tomada sexa perxudicial para a túa  formación política  e tamén  para a democracia e a alternancia no poder. Pois, o poder, sempre ten adicións e corruptelas que se enquistan ao gobernar moito tempo nunha administración.

Por tal motivo, as contrariedades na política apareceran cando se goberna ou se é chave para que outros gobernen. Pois mentres se está na oposición, e non se decide nin se é chave,  todo é moito máis fácil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com