O último día do 2018 rematou con 25 hectáreas queimadas en Viana do Bolo

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido o lume a media tarde deste martes.

Por E.P. | OURENSE | 01/01/2019 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio forestal que afectaba desde a noite deste luns ao municipio ourensán de Viana do Bolo e que queimou unhas 25 hectáreas.

Un traballador do BRIF loita contra o lume
Un traballador do BRIF loita contra o lume | Fonte: bombeiros forestais de Galicia

Segundo a información da Xunta, o lume comezou sobre as 23,00 horas do luns na parroquia de Ramilo, e quedou extinguido pouco antes das 15.00 horas deste martes.

Nos labores de extinción traballaron catro axentes, sete brigadas, unha motobomba e un helicóptero. Aínda que nun principio creuse que o lume comezara en territorio zamorano, finalmente a Administración galega apunta a que arderon 25 hectáreas de monte raso, todas elas en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta