Falece un home após ser atropelado en Cambados

Un home duns 40 anos de idade faleceu na mañá deste mércores ao ser atropelado por un vehículo na estrada VG-4.3 no termo municipal de Cambados (Pontevedra).

Por E.P. | PONTEVEDRA | 02/01/2019 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

Segundo informou o 112 Galicia, o atropelo tivo lugar sobre as 4,30 horas deste mércores á altura da saída de Corvillón, sentido AG-41, na VG-4.3.

Ambulancia nun accidente
Ambulancia nun accidente

Foi un particular quen contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia sobre as 4,30 horas para comunicar o suceso e solicitar asistencia urxente para a que persona que estaba tendida na vía. Por iso, o persoal do 112 Galicia alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribadumia e aos axentes da Guardia Civil de Tráfico.

En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial e un médico do Punto de Atención Continuada (PAC) da zona que confirmou o falecemento no lugar do home F.F.P., de 40 anos, sinalaron a Europa Press fontes sanitarias.

Até ao lugar do accidente tamén acudiron a Policía Local e Protección Civil de Cambados que, ademais, solicitaron medios de limpeza para retirar os restos do accidente e restablecer as condicións de seguridade na vía. As causas do suceso están a ser investigadas polas forzas de seguridade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta