A crise levou por diante un terzo dos pequenos comercios

Durante a crise pecharon máis de 15.000 negocios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2019 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega do Comercio, o lucense José María Seijas, calculou que son sobre 35.000 os establecementos que permanecen abertos na comunidade, fronte aos 50.000 que operaban en Galicia antes do inicio da crise en 2008.

Comercio comerciante polo miúdo
Comercio comerciante polo miúdo

Así, Seijas comentou que se perderon 15.000 negocios nunha crise que parece que se contén", matizou, e estase superando por parte dun dos sectores máis castigados pola mesma. Agora, concretou Seijas, "os peches fóronse producindo sobre todo por xubilacións, pero se compensou con emprendedores novos que abren novos negocios".

Sobre a campaña de Nadal manifestou que "as vendas serán moi similares ao que foi o ano pasado (por 2017)", aínda que confía en que nestes "catro días que quedan" se produzan as "vendas máis fortes".

A partir do 7 ábrese a tempada de rebaixas, que Seijas lamenta que non se rexan por períodos, como ocorría antes, fixados previamente. "Eu sigo dicindo que as rebaixas empezan o 1 de xaneiro e conclúen o 31 de decembro", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta