O BNG levará ao Parlamento as "abusivas" subidas das peaxes e dos billetes do tren de proximidade

A parlamentaria Olalla Rodil sinala que o seu grupo quere "acabar coa estafa do Avant pola que cada ourensán paga máis dun 60% por billete".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2019 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

O BNG levará ao Parlamento unha serie de iniciativas coas que pretenden denunciar as "abusivas" subidas das peaxes e os prezos dos billetes nos servizos ferroviarios, segundo sinala a formación frontista nun comunicado emitido este mércores.

Olalla Rodil, viceportavoz parlamentario do BNG. EUROPA PRESS - Arquivo
Olalla Rodil, viceportavoz parlamentario do BNG. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Así, a deputada Olalla Rodil resalta que o incremento do prezo dos trens Avant "alcanza a categoría de estafa para Ourense, que xa soporta un sobrecusto no prezo en relación co Eixo Atlántico". Deste xeito, a parlamentaria sinala que o billete de tren entre Ourense e Santiago alcanza os 14,25 euros, mentres chegar desde a cidade das Burgas á Coruña, 20,90 euros.

Por iso, avanza que o BNG levará ao Pazo do Hórreo iniciativas "para acabar coa estafa do Avant pola que cada ourensán paga máis dun 60% por cada billete en comparación cos habitantes do Eixo Atlántico". Respecto da subida nas peaxes da AP-9, Olalla Rodil denuncia que mentres as tarifas soben un 1,67% de media a nivel estatal, en Galicia aumentan un 3,51%. O BNG tacha este incremento de "un roubo a man armada" que sitúa a Galicia "coas peaxes máis caras do Estado e de Europa mentres mantemos os salarios máis baixos".

"INADMISIBLE"

Nesta liña, considera "inadmisible" que a empresa concesionaria Audasa "siga engordando os seus beneficios a cousa dos miles de galegos que usan diariamente esta infraestrutura sen ter outra alternativa rápida e segura libre de peaxes". Olalla Rodil cre que se trata de "o enésimo agravio" a Galicia por parte do Goberno español que provoca que a viaxe entre Tui e Ferrol custe 21,55 euros, o que representa uns ingresos diarios para Audasa de "460.000 euros diarios".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 lóstrego

A "casa dos mortos" de ren nos serve.