Buscan a un conductor que fuxíu tras atropelar a unha persoa na Coruña

A Policía Local solicitou a colaboración cidadá.

Por E.P. | A CORUÑA | 03/01/2019 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

A Policía Local da Coruña busca a un condutor que se deu á fuga tras atropelar a un peón. Segundo informou a Europa Press a Policía Local, o atropelo produciuse na mañá deste mércores, sobre as 11 horas, nun paso de peóns da rúa Santuario Santa Xema.

A Policía Local acode a un accidente
A Policía Local acode a un accidente | Fonte: PL Vigo

A persoa atropelada resultou ferida de carácter grave e tense constancia de que o condutor baixou do vehículo, pero posteriormente deuse á fuga. 

Por iso, a Policía Local solicitou a colaboración cidadá para solicitar datos de posibles testemuñas sobre o coche ou as características da persoa que conducía o vehículo implicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta