A Xunta tira balóns foron e di que a solución de Alcoa é do Goberno central e da compañía

A Consellería de Economía confirma que os traballadores "serán recibidos" tras a mesa de negociación do ERE do próximo 8 de xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2019 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

A Xunta botou este xoves balóns fóra con respecto ao conflicto laboral en Alcoa. Aínda que defende que traballa "para esixir" á multinacional Alcoa "a retirada" do expediente de regulación de emprego (ERE) na planta da Coruña, alega que o "desbloqueo" da situación é "corresponsabilidade" do Goberno central e da propia empresa.

Alberto Núñez Feijóo e Francisco Conde na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta
Alberto Núñez Feijóo e Francisco Conde na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta | Fonte: xunta.gal

Fontes da Consellería de Economía, Emprego e Industria explican este xoves, na mesma xornada na que un centenar de empregados da factoría concentráronse fronte ás oficinas da Xunta en Santiago, que mantén "un diálogo fluído e un contacto permanente" cos traballadores, a pesar de que estes criticaron que non foran recibidos. "O noso máximo obxectivo é o mantemento dos empregos", engaden.

Neste sentido, o Goberno galego manifesta que está "á espera" de que o Executivo central "achegue solucións concretas" ás necesidades da compañía "e do resto da industria electrointensiva galega", que, segundo as súas cifras, dá emprego a unhas 5.000 persoas.

Na concentración, o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, insistiu na súa petición de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ou o conselleiro de Economía, Francisco Conde, reciba aos traballadores, posto que o Goberno galego "non se está involucrando" no proceso.

Tras esta demanda, fontes da Consellería confirman a recepción da solicitude de reunión e que "por suposto serán recibidos, unha vez que o Goberno concrete a súa posición" na próxima mesa de negociación o ERE, que terá lugar o próximo 8 de xaneiro en Madrid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta