O delegado do Goberno lamenta que o PP prorrogara a concesión da AP-9 por 25 anos

"Isto impide liberalizar a autoestrada", suliña.

Por E.P. | A CORUÑA | 03/01/2019 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, lamentou este xoves a prórroga da concesión da AP-9 por 25 anos concedida polo anterior executivo de Mariano Rajoy "porque impide liberalizar a autoestrada".

Javier Losada contrato fragatas. DELEGACIÓN DO GOBERNO
Javier Losada contrato fragatas. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Sobre esta cuestión, nunha entrevista á cadea Cope, Losada recordou que o Executivo actuou con outras vías cuxa concesión finalizou "pero non é posible adoptar as mesmas medidas na AP-9". Ademais, reivindicou que o Goberno permita" o debate no Congreso sobre a transferencia da titularidade da vía, "vetado polo anterior Executivo durante anos".

Mentres, respecto da subida da peaxe, detallou que é un "problema que vén trasladado dunha decisión do PP no seu momento, que prorrogou a concesión 25 anos máis". "Como Goberno, o que facemos é cumprir acordos asinados tanto por gobernos do Partido Socialista como do Partido Popular", expuxo.

Noutra orde de cousas, e preguntado sobre os datos de criminalidade, destacou que Galicia é unha autonomía "segura". Aínda así, recoñeceu que os persoais das forzas e corpos de seguridade do Estado están minguadas, aínda que dixo que o Executivo traballa na convocatoria de novas prazas para aumentar a taxa de reposición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

E cando Pepe Blanco asinou un novo sistema de financiamento para AUDASA seica o fixeron polo ben dos galegos? Daqueles polvos estes lodos !!! ¿Onde anda metido Pepiño Blanco? Aïnda non o vimos comparecer na Curva da Grandeira https://youtu.be/y9Hdo9RfdFw Seica o ximnasio do Parlamento Europeo ten unha boa Sauna !!!

1 Gamela

Pero cando Mariano prorrogou os 25 anos o PSOE non levou ao tema aos Tribunais de Xustiza por prevaricación... calou caladiño coma un peto de ánimas !!!