Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2019 | Actualizada ás 18:49
Manuel López Méndez, nacido en Sarria (Lugo) e traballador de Correos en Santiago durante máis de 40 anos ata a súa xubilación en 2013, foi recoñecido cun dos premios da I Convocatoria de Axudas á Investigación que promove a empresa postal e de paquetería.
A súa obra 'Memorias dun neno telegrafista', que será publicada durante 2019 cunha tirada de 2.000 exemplares, é unha crónica na que se relatan os últimos anos da telegrafía e a transformación das telecomunicacións coa chegada das novas tecnoloxías e sistemas de comunicación en España.
O xurado valorou de xeito especial "a orixinalidade e o acerto do autor para combinar a narración dunhas memorias" co "relato preciso e detallado do traballo e funcionamento do servizo telegráfico" en España, así como dos cambios ocorridos nos sistemas de comunicación.
"Todo iso envolvido na crónica social, cultural e política da historia de España naqueles anos", recoñece Correos. A outra obra premiada nesta convocatoria foi 'O cartón de identidade postal: as orixes do DNI'. Este traballo, de Marcos García-Díez e Manuel Zaragoza Ruíz de Azagra, analiza a orixe e desenvolvemento dos carnés postais, antecedentes do DNI español, que datan de 1913.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.