Un traballador resulta ferido en Ares e en Ortigueira excarceran unha persoa atrapada no seu vehículo

Ao traballador caeulle unha peza de formigón sobre unha perna. Mentres unha persoa tivo que ser rescatada do interior do seu coche logo dun accidente de tráfico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2019 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

Un traballador resultou ferido en Ares (A Coruña) ao caerlle unha travesa de formigón na perna, segundo informou o Centro Integral de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

O sinistro tivo lugar ás 14,30 horas deste xoves no camiño da Ansuela, no lugar de Chanteiro. Tras recibir o aviso, a central de urxencias mobilizou aos voluntarios de Protección Civil, que se desprazaron ao lugar e constataron que o ferido se atopaba accesible.

Deste xeito, logo de descartar o uso de material de excarceración, o operario foi evacuado en ambulancia ao Hospital Juan Cardona de Ferrol.

ACCIDENTE EN ORTIGUEIRA

Os servizos de urxencia excarceraron a unha persoa que quedou atrapada no vehículo no que viaxaba tras impactar contra outro coche, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O accidente tivo lugar ás 14,00 horas deste xoves en Santa Marta, no termo municipal de Ortigueira (A Coruña). Logo de ser liberada polos efectivos do GES de Ortigueira, a vítima foi trasladada a un centro hospitalario por Urxencias Sanitarias 061.

Ademais, o 112 tamén puxo o caso en coñecemento dos bombeiros do Eume, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Ares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta