O ano comeza con máis de 160 hectáreas queimadas nun dos grandes espazos naturais de Ourense

O lume afectou á serra de San Mamede, na Mezquita. Outro afecta á parroquia de Cerdedo-Cotobade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2019 | Actualizada ás 09:41

Comparte esta noticia

O incendio forestal declarado na tarde deste xoves na parroquia de Castromil no termo municipal da Mezquita (Ourense) quedou extinguido tras queimar unhas 161 hectáreas.

Incendio forestal este luns na Serra de San Mamede. REMITIDA - Arquivo
Incendio forestal este luns na Serra de San Mamede. REMITIDA - Arquivo

Así o informou a Consellería do Medio Rural, que concretou que as últimas estimacións sitúan a superficie afectada en 155 hectáreas de monte raso e seis de arboledo.

O lume comezou en varios focos simultáneos ás 14,33 horas deste xoves afectou á parroquia de Castromil, no termo municipal da Mezquita.

Por outra banda, Medio Rural informou doutro incendio forestal controlado na parroquia de Caroi no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo as primeiras estimacións, queimou unhas 45 hectáreas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta