Sanidade estuda a contorna dun infectado con tuberculose na provincia de Lugo que causou "casos secundarios"

A Consellería de Sanidade di q o caso está "contolado" tras a aplicación dos protocolos previstos.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 04/01/2019 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade estuda a contorna dun adulto infectado con tuberculose na provincia de Lugo que deu lugar a "casos secundarios".

Quirófano Híbrido
Quirófano Híbrido

Así o confirmaron este venres a Europa Press fontes da Consellería de Sanidade, que concretaron que se estuda a contorna do denominado "caso índice" --un adulto-- por "se hai algún infectado máis".

Con todo, Sanidade asegura que se trata dun caso "controlado" no que se seguen os protocolos determinados polo programa galego de prevención e control da tuberculose.

Sobre o caso índice e os secundarios, a Consellería de Sanidade asegurou que "están a ser tratados" co "tratamento correspondente" en caso de infección, todos eles pola Unidade de Tuberculose do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta