Dous lumes arrasan máis de 200 hectáreas en pleno inverno

O incendio de Cerdedo-Cotobade queimou 45 hectáreas e o da Mezquita 161.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/01/2019 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

O incendio forestal declarado na tarde deste xoves na parroquia de Caroi no termo municipal de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) quedou extinguido na mañá deste venres tras queimar 45 hectáreas.

Un incendio en Ourense
Un incendio en Ourense | Fonte: BATALLÓN T-15

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, ás 11,10 horas deste venres deuse por extinguido este lume, que afectou a 45 hectáreas de monte raso.

Este lume comezou ás 16,17 horas deste xoves e quedou controlado ás 6,40 horas deste venres, tras o que se deu por extinguido ás 11,10 horas.

Na súa extinción traballaron seis axentes, oito brigadas e dúas motobombas, concretou o departamento autonómico de Medio Rural.

Por outra banda, tamén na mañá deste venres deuse por extinguido outro lume que afectou á Serra do Invernadoiro, no Concello da Mezquita. Arderon 161 hectáreas. Uns incendios que teñen lugar en pleno inverno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta