Sabela: "A lingua e a cultura galega é algo que levo no sangue"

"Para min é natural o respecto e o valor das culturas como un eixo de unión das persoas e non de sesgo", apunta a finalista de Operación Triunfo, que ademais é unha activista do tecido asociativo a través dos Aturuxeiros. "É unha parte máis da miña vida. Loitar porque o rural, a cultura e a comunidade se manteñan vivos é un aspecto importante para a calidade de vida e a saúde da nosa sociedade", asegura nesta entrevista no Xornal da Mariña.

Por Galicia Confidencial | Burela | 04/01/2019 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia