Cantautores ou troveiros

Dende mediados da década dos sesenta ate entrada a dos oitenta do século pasado foi a época dos cantautores ou troveiros. Músicos que compoñían e cantaban as súas propias cancións.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 19/07/2011

Comparte esta noticia

En todo o Estado xurdiron figuras moi importantes que hoxe aínda existen e lembramos con cariño. Pensemos en Joán Manuel Serrat, Raimón e Paco ibañez. En Galiza, debido as   influencias das revoltas do maio francés  do 68, naceu o grupo de Voces Ceibes, integrado por Benedicto, Bibiano,  Emilio Batallán  e outros dos que non lembro o nome. Foi aquela una época na que a música destes trovadores coñecíase como a canción protesta. Estamos falando  da chamada dictablanda que permitiu unha apertura informativa,   que se iniciou con Fraga  como ministro de información e turismo,  e coa chegada do turismo europeo que nos visitaba, pensade naquela fermosas suecas.  Anos máis adiante coñecimos cantautores doutros continentes e apareceron   os americanos  Bob Dylan, Joán Baez e, en latinoameríca Atahualpa Yupanqui, Mercedes Sosa, Jorge Cafrune e mais tarde Facundo Cabral. Pois ben hai uns días  este último  foi asesinado en Nicaragua.  Facundo Cabral, poeta e músico arxentino  ao que tiven a oportunidade de escoitar en directo no desaparecido Teatro Losada de Ourense, creo que no ano 1983, foi unha das mellores voces de Latinoamérica recitando e cantando.  Artista con voz  de barítono  dulce e melodiosa que, co acompañamento, simple,pero pulcro, da súa  guitarra e basado na música tradicional do seu país, recreaba un ambiente poético de gran beleza e musicalidade. Mensaxe  na que sempre había una  cargada de  filosofía   e compromiso  cos temas  sociais e coa vida mesma.

O certo é que en Latinoamérica os cantautores viviron sempre no fío da navalla. Pois, primeiro a Ditadura de Augusto Pinochet asesinou a victor Jara da maneira máis  cruel. Logo mataron  a Jorge Cafrune no 1978 en plena ditadura militar arxentina, fixéronno nun atropelo intencionado. E agora  uns sicarios  asesinan a Facundo Cabral. América queda sin o eco das voces comprometidas coa liberdade. Queda orfa da voz dos poetas cantores; queda silenciada a voz comprometida dos troveiros que coa súa palabra clamaron e claman  pola libertade. “Si se calla el cantor, calla la vida” decía una melodía que interpretaba a finada Mercedes Sosa. E coa norte de Facundo Cabral apagouse a voz dun cantor das cousas da vida, un cantor do social e con el todos morremos un chisco.

Na música actual, os cantautores  xa non xogan o papel de anos atrás. Eles eran a voz contra a ditadura e os recitáis compoñíanse de cantigas de denuncia que clamaban pola liberdade nun estado de represión. En todo o España os cantautores foron a punta de lanza que abría portas e fiestras de liberdade nun réxime que o censuraba case todo. Quen da miña idade non se lembra de Lluis LLach coa cantiga La Estaca. E en Galiza quen non lembra a Benedicto e Bibiano, ou a Emilio Batallán e, posteriormente  a Fuxan os Ventos  e as seus textos.

Pero a música actual, ao igual que a sociedade, perdeu aquil tono crítico que tamén se reflexaba nas cantigas. Vive en liberdade e, como descoñece o que é vivir sin liberdade, crea outra maneira de expresarse menos comprometida ca daqueles anos.

Facundo Cabral era un home compromerido cos temas sociais, e foi vítima, tal vez do infotunio, ou quen sabe. O certo é que se apagou a voz   comprometida e fermosa dun gran trovador. O certo que, a día de hoxe no noso  tecnificado  mundo, case non hai cantores e poetas que empregen una linguaxe sutil para ser voz e mensaxe con música, sin aditivos e componentes, das cuestión sociais.  Música, si se quere rudimentaria, sinxela, pero  en estado puro. Mais eu quero pensar que estas son épocas pasaxeiras e que non van a dura sempre. Os travadores volverán outra vez e de seguro que non tardarán, pois son moi necesarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com