Noriega insiste estar centrado na "dinámica local" e avanza que Compostela Aberta terá as listas en marzo

O rexedor compostelán quere "economizar enerxías" para centrarse no proxecto local que tentará revalidar no mes de maio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2019 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, volveu a insistir en que a súa intención é "non facer valoracións sobre o espazo galego", en referencia a En Marea, sobre a que di facer "todas as valoracións que había que facer, incluso algunha de máis".

Martiño Noriega, alcalde de Santiago, en rolda de prensa
Martiño Noriega, alcalde de Santiago, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Así se expresou o rexedor santiagués e referente de Compostela Aberta, marea que iniciou os movementos que derivaron na conformación da candidatura do sector crítico, 'Entre Todas', que resultou derrotada no proceso de primarias celebrado polo partido instrumental a finais do pasado mes de decembro.

"Hai que economizar enerxías", sinalou este venres Noriega, quen apela a centrarse no proxecto local que tratará de revalidar o seu mandato nas eleccións do próximo mes de maio. "Esa é a nosa ilusión, investir en 2019 só en ilusión porque de desilusión ultimamente estamos sobrados", apostilou.

PRIMARIAS EN MAIO

O primeiro edil da capital galega ha avanzado que Compostela Aberta terá a súa lista de candidatos en marzo, mes no que esperan tamén presentar as súas liñas para a campaña electoral. "Todo o que sexa de primarias de listas e enfoque de campaña esperamos que ao longo de marzo quede pechado e informarvos das cuestións que acordemos", resaltou Noriega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta