Os traballadores de Endesa mobilizaranse o 11 de xaneiro nas Pontes para reclamar o novo convenio

A CIG denuncia que a empresa quere agora eliminar os beneficios sociais que "tiña o persoal pasivo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2019 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

Traballadores da planta de Endesa nas Pontes (A Coruña) mobilizaranse o próximo 11 de xaneiro, segundo informa a Confederación Intersindical Galega (CIG), para reclamar o novo acordo colectivo. E é que, segundo denuncia a central, "logo de máis dun ano de negociación sen acordo" do quinto Convenio Marco Grupo Endesa, a empresa "disolveu" en decembro a mesa negociadora por culpa de "a reforma laboral" de 2012.

Instalación de Endesa
Instalación de Endesa

Tal e como explica a organización, esta paralización prodúcese "ao non existir ultra-actividade" na compañía. "Aproveitando esta situación, a empresa decide unilateralmente eliminar os beneficios sociais que tiña todo o persoal pasivo: xubilación, incapacidade, orfandade e viudez", engade.

Ademais, a CIG critica que esta situación ten "calado político", posto que --recorda-- Endesa foi unha entidade estatal, "privatizada nos sucesivos gobernos do PSOE e do PP para, finalmente, volve ser unha empresa pública, pero agora italiana", ao ter o 70 por cento das accións Enel, "aínda que comercialmente siga mantendo a marca Endesa". Ante esta situación, a central nacionalista censura que non se coñece ningunha reacción dos gobernos do Estado", polo que Enel "continúa o seu particular saqueo de Endesa" obrigando a que "todos os beneficios de Endesa pasen directamente a dividendos que son cobrados por Enel".

Así mesmo, "como continuidade da súa política de baleirado, Enel quere entrar agora nos compromisos que Endesa ten co seu cadro de persoal, particularmente co persoal pasivo". "A súa pretensión é trasladar as cantidades consignadas directamente a beneficios para poder trasladalos ao balance de Enel como ingresos por dividendos", prosegue a CIG. Segundo as súas cifras, o cadro de persoal activo de Endesa está nos 8.000 traballadores e o persoal pasivo en 27.000.

A continuación, a central denuncia que a compañía italiana "aproveita" o marco legal da reforma laboral, o que é "responsabilidade do Goberno que a aprobou e do que non a derrogou". Por todo iso, e porque, tal e como recordo a CIG, "nada" dos sucesivos convenios colectivos "foi regalado", están convocadas para o próximo 9 de xaneiro asembleas sindicais conxuntas e para o día 11 unha manifestación nas Pontes (A Coruña), da que a organización demanda a "implicación" dos partidos políticos para "pararlle os pés a Enel".

O PSDEG PIDE "IMPLICACIÓN" A LA XUNTA

Por outra banda, os deputados do PSDEG no Parlamento galego Patricia Otero, Begoña Rodríguez Rumbo e José Manuel Pérez Seco mantiveron este venres unha reunión co comité de empresa nas Pontes na que se comprometeron a "trasladar a súa situación" aos grupos socialistas no Congreso e o Senado.

Nesta liña, a parlamentaria Patricia Otero anunciou que se presentarán iniciativas que conten co apoio "de toda a Cámara" para "dar maior visibilidade" á problemática e que a empresa "acepte seguir negociando". Así, tamén reclamou a "implicación" da Xunta para "pór en marcha os mecanismos necesarios para facilitar que as partes limen asperezas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta