Activo un incendio forestal no concello ourensán de Chandrexa de Queixa

O lume está activo na parroquia de Requeixo e iniciouse ás 14:31 segundo Medio Rural afectando polo de agora a 20 hectáreas.

Por Galicia Confidencial | OURENSE | 04/01/2019 | Actualizada ás 20:56

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas.

Incendios forestales
Incendios forestales

O incendio comezou ás 14,31 h. con dous focos simultáneos de difícil acceso e nel traballan 2 axentes, 6 brigadas, 2 avións e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta