A Xunta intensifica o ensino de inglés nas escolas a través das plataformas dixitais

O E-Dixgal do Proxecto Abalar incorpora contidos en inglés para 21.000 alumnos e docentes en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2019 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A plataforma do libro dixital da Xunta de Galicia incorporou contidos en inglés, fornecidos pola Editorial Pearson, dos que se beneficiarán 21.000 alumnos e docentes dos 267 centros educativos integrados na iniciativa E-Dixgal do Proxecto Abalar.

Alberto Núñez Feijóo visita unha aula Abalar
Alberto Núñez Feijóo visita unha aula Abalar | Fonte: Xunta.

Estes materiais complementan os xa existentes, como as 750 unidades didácticas de 45 materias provistas por Netex Learning e Edebé; as unidades, recursos complementarios e o acceso ao banco de contidos do Editorial Planeta; e os máis de 3.200 contidos dixitais creados polos docentes, segundo datos ofrecidos polo Goberno galego.

Os alumnos contan con libros dixitais que inclúen recursos multimedia, actividades interactivas e complementarias, mentres que os docentes reciben material específico. O Executivo galego lembrou que "o curso pasado iniciouse a integración para seguir estendendo a educación dixital a máis centros", e destacou que "nos dous primeiros meses do curso actual rexistrouse un incremento do 84 por cento no acceso á plataforma do libro dixital".

Segundo os datos ofrecidos pola Xunta, actualmente hai máis de 900 centros e 6.000 aulas que son Abalar, das que se benefician máis de 120.000 alumnos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 lóstrego

Estou a seguir as cabalgatas dos reis na tvg e todos os cativos responden nun castelán sen acento galego ás preguntas das reporteiras. Incluso algún pide que lle repitan a pregunta porque non entenden o galego. Dende logo que o traballo dos mestres e as nais está a dar os seus froitos.

1 Cachamuíña

Moi boa nova. Co aprendizaxe do inglés, o dominio do español e o coñecemento do galego. os nenos españois de Galicia poderán ter unha competencia lingüística máis que suficiente para que lles axude a enfrontar os novos retos que o futuro lles presente. Ánimo e a traballar. Hai que deixarse de lerias sobre a identidade. a língua propia e cousas polo estilo que non chegan máis aló de Pedrafita.