Esta é a oferta do turimos ornitolóxico para o 2019

O estuario do Miño, a Foz da Ramallosa, San Simón, O Grove ou a Serra do Suído, entre os principais destinos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2019 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra lanzou a segunda edición de 'Voando nas Rías Baixas' cun incremento de rutas ornitolóxicas gratuítas pola provincia. A presidenta da deputación, Carmela Silva, acompañada polo coordinador de SEO Birdlife na provincia, Gustavo Ferreiro, presentou unha segunda edición que ofrecerá cinco rutas "despois do éxito da primeira".

[Grupovigo] Np Depo Voando Nas Rías Baixas. DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
[Grupovigo] Np Depo Voando Nas Rías Baixas. DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Este ano, tal e como explicou Silva, percorreranse espazos como o estuario do Río Miño e a Foz da Ramallosa, a ensenada de San Simón, a reserva ornitológica do Grove, as Brañas de Xestoso e a Serra de Suído.

O obxectivo desta iniciativa é "internacionalizar e desestacionalizar o turismo" na provincia. Neste sentido, a presidenta detallou que "o turismo ornitolóxico é unha actividade que desestacionaliza e que esperta gran interese entre o público anglosaxón e centro europeo".

Ademais, "apóstase por un turismo máis amigable, respectuoso e que permite pór en valor os recursos naturais, así como o desenvolvemento turístico e económico sostible en zonas de alto valor ecolóxico", afirmou Carmela Silva.

Nesta liña, Gustavo Ferreiro aseverou que o turismo ornitolóxico "é un excelente reclamo para iniciar á xente no goce da natureza e entender a necesidade de coidar os espazos naturais". A duración de cada unha das rutas é dunha mañá. Os asistentes irán acompañados por monitores ornitólogos. Ademais, terán á súa disposición material óptico e unha guía de modo gratuíto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta