Como limpar os xulgados de documentos vellos

A Xunta destinará 240.000 euros para realizar expugos xudiciais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2019 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia anunciou que destinará 240.000 euros durante o ano recentemente comezado para "impulsar o expurgo xudicial dos arquivos de cidades e pobos nas instalacións que máis o necesiten".

Documentación nos Xulgados de Vigo
Documentación nos Xulgados de Vigo

Nun comunicado, o Goberno galego detallou que actuará nos arquivos da Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Ourense, Corcubión, Mondoñedo, Viveiro, Ribadavia, Verín, Vilagarcía, Cambados e Ponteareas.

Para a realización do proceso cóntase con persoal técnico de arquivos e a través da Xunta de Expurgo, entidade constituída por representantes do Poder Xudicial, do Ministerio Fiscal e do Goberno galego, e que se encarga de determinar os criterios de conservación de documentos.

O obxectivo é "desconxestionar as instalacións xudiciais e organizar a documentación, o que redunda nunha mellora da xestión diaria".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta