Galicia xa ten o seu primeiro gran lume do ano, 175 hectáreas queimadas

Extinguido xa o lume de Chandrexa de Queixa. Nos cinco primeiros días do ano arderon xa máis de 400 hectáreas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 05/01/2019 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio que desde o venres afectaba á parroquia de Requeixo do municipio ourensán de Chandrexa de Queixa quedou extinguido minutos despois das 13,00 horas deste sábado.

Incendio forestal este luns na Serra de San Mamede. REMITIDA - Archivo
Incendio forestal este luns na Serra de San Mamede. REMITIDA - Archivo

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada elévase ás 175 hectáreas, todas elas de monte raso.

O lume iniciouse no mediodía do pasado venres en dous focos simultáneos situados en zonas de difícil acceso. Nas tarefas de extinción participaron cinco axentes, 12 brigadas e medios aéreos.

Tamén onte quedaban extinguidos dous lumes. Un deles afectou á Serra do Invernadoiro, no Concello da Mezquita. Arderon 161 hectáreas. O outro, en Caroi no termo municipal de Cerdedo-Cotobade queimou 45 hectáreas. Uns incendios que teñen lugar en pleno inverno.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta