Un neno pídelle aos Reis que traia ao pediatra que o Sergas retirou de Cangas

"Eu espérovos sempre con moita ilusión e este ano con moita máis aínda, porque me dixo a miña nai que vos podo pedir algo moi importante: un pediatra", escribiu.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2019 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

O colectivo de familias afectadas pola retirada de pediatras no Centro de Saúde de Aldán e Cangas do Morrazo escribiron unha carta aos Reis Magos na que piden que o Sergas restitúa o facultativo da quenda de tarde.

Un neno escribindo unha carta aos Reis
Un neno escribindo unha carta aos Reis | Fonte: EP

A través dunha carta asinada por Antón, un neno residente en Donón --Cangas--, o colectivo reclama que o centro de saúde volva contar cun pediatra no ambulatorio do Morrazo durante as tardes.

"Eu espérovos sempre con moita ilusión e este ano con moita máis aínda, porque me dixo a miña nai que vos podo pedir algo moi importante: un pediatra", di a misiva dirixida ás súas Maxestades de Oriente.

"Este ano non quero apenas xoguetes, quero que esta situación cambie, por iso esta mañá pregunteille á miña nai se podía pedirlle aos Reis máis pediatras e díxome que si", engade o colectivo na carta, na que confían en "os que teñen nas súas mans cambiar as cousas" escoiten "a toda esa xente que está a pedir o mesmo".

Os pais e nais de Aldán e Cangas xa rexistraron a finais de decembro 400 cartas no Concello para pedir a Papá Noel a restitución do pediatra do centro de saúde de Aldán e o da quenda de tarde de Cangas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta