O xeo, o protagonista das enstradas na noite de Reis

O 112 recibiu máis de 80 avisos por formación de placas de xeo nas estradas galegas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2019 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

A central de urxencias do 112 Galicia recibiu ao longo da madrugada do domingo máis de 80 avisos pola formación de placas de xeo en diferentes puntos da rede viaria galega sen que se producisen incidencias "de extrema gravidade".

Nota E Foto. 64 Operarios E 32 Máquinas Acondicionan As Vías De 35 Concellos Luc. DIPUTACIÓN DE LUGO
Nota E Foto. 64 Operarios E 32 Máquinas Acondicionan As Vías De 35 Concellos Luc. DIPUTACIÓN DE LUGO | Fonte: Europa Press

O CIAE tan só destaca un accidente de circulación rexistrado no termo municipal Sanxenxo (Pontevedra). O sinistro produciuse ás 23,00 horas do sábado na estrada que une Meaño e Sanxenxo, onde un vehículo sufriu unha saída da vía provocada polo xeo.

A consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta