Un home borracho golpeou a tres policías e autolesionouse no vehículo policial tras ser detido

Tres axentes de Policía de Lugo resultan feridos ao reducir a un condutor ebrio e agresivo.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 07/01/2019 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

Tres axentes da Policía Local de Lugo resultaron feridos de diversa consideración tras reducir e deter a un condutor que foi sorprendido en estado ebrio e que agrediu aos efectivos que lle realizaban a proba de alcoholemia.

A Policía Local acode a un accidente
A Policía Local acode a un accidente | Fonte: PL Vigo

Segundo informou o corpo, foron particulares que se atopaban paseando pola cidade os que alertaron da presenza en distintas vías dun condutor que realizaba manobras temerarias. O coche foi interceptado pola Policía Nacional que, ao ver que o condutor, de 33 anos, presentaba síntomas de estar baixo os efectos do alcol, requiriron a intervención da Policía Local.

O home, que mantiña unha actitude agresiva, foi sometido ás probas de alcoholemia, que deron un resultado positivo de 1,06 mg/l, polo que se lle comunicou que debían repetirse nun aparello de maior precisión.

Nese momento, púxose "agresivo", comezando a "proferir insultos e ameazas", polo que se lle informou directamente da comisión dun delito contra a seguridade viaria e comunicóuselle que debía ser trasladado a dependencias policiais para as dilixencias pertinentes. Como resposta, o home comezou a "lanzar patadas e golpes", polo que tivo que ser reducido e introducido á forza no vehículo policial.

No interior, narran fontes policiais, comezou a darse de cabezazos contra o biombo de seguridade, mentres continuaba insultando e ameazando aos axentes, polo que tivo que ser trasladado á PAC de Fingoi, aínda que se negou a facer ningunha proba e a tomar tratamento algún. Como consecuencia da detención resultaron feridos, ademais, tres policías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta