Ex presos do franquismo piden que se lle retire a Manuel Fraga a distinción de Fillo Adoptivo da Coruña

Entre eles atópanse Manuel Lourenzo, Rafael Pillado, Elvira Souto, Xosé Luis Méndez Ferrín, Celsa Díaz Cabanela, Francisco Rodríguez Sánchez, Manuel Peña Rey ou Sary Alabau.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/01/2019 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Un colectivo de 30 persoas, presos e presas políticas de Galicia durante ditadura promoven un manifesto para que se retire ao ex presidente da Xunta e ex ministro franquista, Manuel Fraga Iribarne, a distinción honorífica de Fillo Adoptivo da Coruña.

Manuel Fraga xura en presencia do rei Juan Carlos o cargo de vicepresidente e ministro de Gobernación do Goberno de Carlos Arias Navarro, en 1975.
Manuel Fraga xura en presencia do rei Juan Carlos o cargo de vicepresidente e ministro de Gobernación do Goberno de Carlos Arias Navarro, en 1975.

Este título foi concedido pola corporación municipal coruñesa o 24 de decembro de 1968, en plena ditadura e “cando había unha represión brutal”, segundo denuncia unh dos impulsores, Manuel Monge.

“Despois de 50 anos, como persoas que sufrimos a represión franquista, queremos difundir unha biografía silenciadas de Fraga porque despois de 43 anos da morte do ditador Franco, asistimos a unha ofensiva das forzas da dereita e de ultradereita, todas con raíces franquistas, que poñen en perigo a democracia e as conquistas sociais”, apunta nun comunicado.

Entre as persosas asinantes deste manifesto están Manuel Lourenzo, Rafael Pillado, Elvira Souto, Xosé Luis Méndez Ferrín, Celsa Díaz Cabanela, Francisco Rodríguez Sánchez, Manuel Peña Rey, Sary Alabau... As persoas promotoras do manifesto consideramos que como servidor do franquismo -así foi recoñecido polo propio Fraga-  e como ministro dunha ditadura criminal, Manuel Fraga non merece recoñecemento social, nin a distinción de Fillo Adoptivo da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta