En liberdade con medidas cautelares un suposto agresor veciño das Somozas

O home, de 76 anos, agredira supostamente á súa muller o pasado sábado. Foi detido sen opor resistencia pola Garda Civil.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 07/01/2019 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

Un veciño das Somozas (A Coruña), J.D.M., de 76 anos de idade, quedou en liberdade con medidas cautelares, cun réxime de afastamento da súa esposa, tras comparecer este luns ante o titular do Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol, en funcións de garda, ao ser detido o pasado sábado, 5 de xaneiro, no seu domicilio familiar, como suposto autor dunha agresión á súa esposa.

Vivendas As Somozas
Vivendas As Somozas | Fonte: Europa Press

Segundo apuntaron  varias fontes coñecedoras do caso, o septuaxenario, domiciliado no lugar da Iglesia, nun núcleo de vivendas sociais, mantería unha discusión cun dos seus fillos e, acto seguido, propinaría un golpe á súa esposa, que motivou que se dese, á súa vez, co marco dunha porta.

De inmediato, púxose o caso en coñecemento da Garda Civil e do 061-Urxéncias Medicas. O home foi detido no domicilio familiar por axentes da Benemérita, sen que este opuxese ningún tipo de resistencia, mentres que a muller foi trasladada nunha ambulancia ao servizo de urxencias do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, onde recibiu horas máis tarde o alta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta