O Defensor do Paciente pide a Sanidade que acabe coa "desatención por distancia" derivada da "falta de servizos"

Nun escrito dirixido ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Sanidade, esta asociación denuncia "listas de espera" e "falta de médicos especialistas de Atención Primaria". Critican que a Xunta teña coñecemento destas situacións e non faga nada ao respecto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2019 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

A Asociación Defensor do Paciente pídelles ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que "liquiden" a "desatención por distancia" debida á "falta de servizos" e profesionais.

Manifestación Vigo pola Atención Primaria
Manifestación Vigo pola Atención Primaria

Así o sinala o colectivo nun escrito remitido a Feijóo e Vázquez Almuiña, no que insiste en denunciar situacións "como as de lista de espera, a falta de médicos especialistas de Atención Primaria... sen esquecer aqueles profesionais que teñen unha cota excesiva".

Sinalan que isto non debe quedar nunha anécdota, "só para saír na foto", senón que cómpre rematar dunha vez con estas stiruacións "de malos tratos por desatención por distancia para ser atendidos, por falta de servizos, ambulancias que chegan tarde ou non chegan, e un longo etcétera que vostedes coñecen", insisten dende a asociación.

Este "coñecemento e pasividade", critican, "convérteos en maltratadores dos cidadáns que necesitan os servizos sanitarios e que pagan relixiosamente", segundo expresan no escrito.

"Como dixemos anteriormente, non cabe pola nosa parte felicitarlles as festas, porque vostedes xa son felices vendo á cidadanía infeliz", sentencia a asociación. "Aínda así desexámoslle o mellor para o 2019, a ver se se lles acende a lámpada da responsabilidade", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta