A Audiencia de Pontevedra condena un home a tres anos de prisión por trapichear con droga

O acusado chegou a un acordo coa Fiscalía a raíz do cal viu reducida a petición inicial de pena que lle solicitaban, de 5 anos de cárcere e unha multa de 2.500 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2019 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

A Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra condenou un home a tres anos de prisión como autor dun delito contra a saúde pública por trapichear con droga.

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra.

O acusado, Roberto C.C., chegou este martes a un acordo de conformidade coa Fiscalía en virtude do cal viu reducida a petición inicial de pena que lle solicitaban. Inicialmente o representante do Ministerio Público pedía que fose condenado a cinco anos de cárcere e ao pago dunha multa de 2.500 euros. Tras o acordo o acusado recoñeceu que traficara con droga e aceptou unha sentenza de tres anos de cárcere e multa de 1.500 euros.

O acusado, con antecedentes penais, foi detido o 15 de maio de 2018 cando tiña no seu poder unha trintena de papelinas de heroína e cocaína "co propósito de destinalas á venda ilícita". Este individuo está desde entón privado de liberdade.

A causa procedía do Xulgado de Instrución número 2 de Tui. A sentenza xa é firme e contra ela non cabe recurso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta