A provincia de Lugo recibiu máis de 30 millóns para reparación e construción de estradas

"Lugo é unha das mellores provincias" en estradas, di Javier Losada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2019 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, destacou este mércores que a provincia de Lugo recibiu máis de 30 millóns de euros para reparación e construción de estradas en sete meses de goberno de Pedro Sánchez.

Estrada de Lugo
Estrada de Lugo | Fonte: Wikimedia

Losada participou nunha rolda de prensa en Lugo, acompañado da subdelegada na provincia, Isabel Rodríguez, na que deu conta dos investimentos do goberno de Pedro Sánchez na provincia nos sete meses desde a súa chegada a Moncloa.

Así, resaltou que en sete meses "en Lugo investiuse 30,1 millóns en construción e conservación de estradas, co obxectivo de mellorar o seu estado e abrir novas vías de comunicación que permitan a Lugo impulsar a súa comunicación co resto de Galicia e España".

"Ten un fin, a seguridade, pero outro máis importante favorecer a actividade comercial e empresarial e relanzar a actividade económica desta provincia", concretou. Segundo mantén Losada, búscase que "Lugo sexa das mellores provincias e un referente do noroeste de España".

Tamén avanzou que "hoxe mesmo comezan os traballos de recuperación, e reparación da Nacional VI, da Nacional 120, da Nacional 634 e da Nacional 540, cun investimento de 2,1 millóns de euros".

Javier Losada incidiu, á súa vez, en que se pretende "darlle un forte impulso ás conexións ferroviarias". "O avance das obras de ADIF, o compromiso do goberno de Pedro Sánchez e o ministro Ábalos coa AVE vai permitir acurtar nunha hora e 27 minutos o traxecto entre Madrid e Lugo este mesmo ano, e no 2020 o percorrido quedará en 3 horas e 47 minutos", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta