Daniel Castelao tamén vale como nome dunha estación

O BNG pedirá que a intermodal de Santiago reciba o nome do político galeguista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2019 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A portavoz municipal do BNG en Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, pedirá no próximo pleno unha moción para designar co nome de 'Daniel Castelao' a estación intermodal da cidade.

Autoretrato de Castelao
Autoretrato de Castelao

Nun comunicado, a organización nacionalista ha recordado que Castelao fixo unha defensa da necesidade de mellorar o ferrocarril durante a súa etapa como deputado nas Cortes.

O Bloque Nacionalista Galego considera que, 85 anos logo das intervencións nas que Castelao ligaba a falta de infraestruturas á dificultade de Galicia para avanzar no desenvolvemento económico, a "desigualdade e a discriminación" con respecto a outros territorios "segue vixente".

"Por isto e por ser Castelao un político nacionalista destacadísimo, un exemplo a seguir e unha persoa que entregou todo por amor ao noso país, pensamos que é adecuado que a estación intermodal de Santiago reciba o seu nome", destacou Sanmartín, que tamén trasladou a proposta á Fundación Castelao.

O BNG compostelán considera que se deben aproveitar as obras para a dotación da estación intermodal para integrar no propio deseño do proxecto a tipografía e a obra gráfica do intelectual galeguista.

"Esperamos que esta moción que se debaterá no pleno de xaneiro teña o apoio de todos os grupos, xusto neste mes que se dedica a homenaxear e recoñecer a figura de Daniel Castelao", manifestou Goretti Sanmartín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Chico Percebe

El nacionalismo es una ideología reaccionaria y sus representantes no merecen que las infraestructuras públicas lleven su nombre. Los ciudadanos gallegos no merecen ni desean (el nacionalismo es minoritario en nuestra región) que el nombre de una estación se relacione con este tipo de pensamiento arcaico y discriminador. Propongo uno mejor, que además ha sido loado en este medio hace no mucho: Valle - Inclán.

1 Cichote

Sí, figura, por ti poñeríanlle o do enano pitiflautico de Ferrol, o "claudillo". Proe? Pois raña porque o nacionalismo galego irá a máis canto máis fachuzo asome a gadoupa.