Sanidade quere coñecer a opinión dos cidadáns sobre a calidade na Atención Primaria

A Consellería habilitará unha enquisa telemática para recoller "opinións e propostas de mellora".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2019 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade habilitará unha enquisa telemática para recoller "opinións e propostas de mellora" da cidadanía para a definición do novo modelo de Atención Primaria. Así o avanzou o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, con motivo da segunda reunión á que foron convocados este mércores persoal de servizos xerais (PSG) e fisioterapeutas.

Segunda reunión para traballar na mellora da Atención Primaria en Galicia.. XUNTA/XOÁN CRESPO / Europa Press
Segunda reunión para traballar na mellora da Atención Primaria en Galicia.. XUNTA/XOÁN CRESPO / Europa Press

Aboal concretou que será unha enquisa telemática "participativa" que se porá a disposición dos cidadáns na plataforma de saúde para que poidan "mostrar as súas opinións e propostas de mellora" para a Atención Primaria en Galicia.

Previsiblemente a "próxima semana", apuntou o director xeral, facilitarase o acceso a esta enquisa a través da dirección web que facilitará a Consellería de Sanidade.

O encontro mantido este mércores no Sergas en Santiago con persoal de servizos xerais e fisioterapeutas, no que participaron unha trintena de persoas que se dividiron en dous grupos, explicou Aboal, desenvolveuse durante máis de cinco horas co mesmo formato que o deste martes ao que asistiron médicos e profesionais de enfermería, entre outros.

"MOITAS SOLUCIÓNS"

Aboal cualificou de "moi positivo" o encontro deste mércores, como o do martes, porque "son os profesionais, os que coñecen ben a problemática", os que fan propostas de mellora". Así, considerou "interesante ver como achegan moitas solucións".

O director xeral de Asistencia Sanitaria destacou que a reunión transcorreu "con normalidade" e valorou que os profesionais "están a participar activamente". "Ter un espazo para debater propostas de mellora é o mellor xeito para definir un novo modelo de Atención Primaria", sentenciou.

Así mesmo, Aboal destacou a participación de profesionais de Atención Primaria a través dunha caixa de correos desde o día 7 de xaneiro no que "entran suxestións que levan aos grupos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

esta pandilla de burócratas privatizadores da sanidade ou non escoitan ou non queren escoitar! Esta é a única enquisa que precisa o Sergas para reforzar os Servizos de Atención Primaria e reducir as listas de espera Hospitalaria ! https://youtu.be/e85k0DfROJk A enquisa que a cubran eles...!!! Non máis Colaboracionismo cun Sergas Asasino!