A USC, entre as universidades do mundo cun maior compromiso medioambiental

A institución docente compostelá mellora posicións con respecto á rexistrada o ano anterior.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/01/2019 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago (USC) avanza posicións no seu compromiso co medio ambiente. De entre 719 universidades de todo o mundo, ascende á posición 268 da edición 2018 do ránking mundial GreenMetric

Estación metereolóxica. Entre outras funcións realiza medicións para estudar o cambio climático
Estación metereolóxica. Entre outras funcións realiza medicións para estudar o cambio climático | Fonte: meteorologiaenred.com

O obxectivo desta clasificación é reflectir os esforzos realizados polas institucións universitaria no desenvolvemento e implantación de políticas e programas respectuosos co medio ambiente e a sustentabilidade. 

Segundo informa a USC nun comunicado, esta é unha iniciativa da Universidade de Indonesia na que a USC mantén presenza dende o seu lanzamento en 2010. Co resultado desta nova edición do ránking, a institución docente compostelá mellora posicións con respecto á rexistrada o ano anterior, cando ascendera á posición 283 de entre 619 universidades de todo o mundo.

Os responsables da clasificación analizan o compromiso das universidades coa sustentabilidade a partir dunha serie de aspectos que inclúen a recompilación de información básica sobre o perfil de cada universidade, particularmente en relación ao seu tamaño e ámbito xeográfico de implantación. 

Os criterios en base aos que se organiza a valoración final de cada institución son os de enerxía e cambio climático (21% da nota final); tratamentos dos residuos (18%); programas de educación e investigación (18%); accións en relación cos medios de transporte nos campus (18%); configuración e infraestruturas (15%); e uso da auga (10%). A recompilación dos datos realízase a través de enquisas en liña enviadas a administradores universitarios. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta