Unha comisión sanitaria de "todos" e non só dos "amiguetes" do PP: iso piden os profesionais

Efectivos de Atención Primaria na área de Compostela estudarán a posibilidade de levar a cabo "medidas de presión sobre a Administración" para reclamar unha reforma do sistema coa participación de "todas" as organizacións implicadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2019 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

Profesionais de Atención Primaria da área de Compostela estudarán a posibilidade de convocar "medidas de presión sobre a Administración" co fin de reivindicar unha "comisión" na que estean representadas "todas" as organizacións. O obxectivo é poder abordar "entre todos" a reforma deste nivel asistencial, non só entre "xente afín ao PP".

Manifestación en Vigo pola Atención Primaria
Manifestación en Vigo pola Atención Primaria

Así o avanzou o médico Manuel Martín, portavoz de SOS Sanidade Pública, quen puntualizou que a partir das 18,00 horas deste xoves na sede compostelá do Colexio de Médicos da Coruña analizarán a "crise" da Atención Primaria. Ao seu xuízo, a deste servizo é unha "dramática situación".

"É unha reunión aberta a todos os profesionais da área de Santiago", concretou, para matizar que xa se celebraron outras en zonas como Vigo e que se están preparando outros encontros similares na Coruña. Deste xeito, centraranse en "tres cuestións básicas" , que pasan por pedir un incremento da participación e dos recursos humanos, así como por "abrir unha negociación dun novo plan de mellora" da Atención Primaria no que colaboren "todas" as organizacións implicadas.

Con encontros coma estes pretenden fixar unhas "reivindicacións mínimas" para a mellora da Atención Primaria e "ver se hai posibilidade de medidas de presión" para lograr a participación de todos.

"AMIGUETES"

Martín reprochou á Consellería de Sanidade que organizase grupos de traballo para abordar o novo modelo da Atención Primaria en Galicia con "amiguetes" nomeados "a dedo", xa que, sostén, na súa composición "aparece moita xente afín ao PP e á Administración".

"Esta comisión é o que fan as administracións; crean unha comisión para marear a perdiz", criticou para demandar que as diferentes organizacións "teñen que decidir quen está aí". "Teñen que recoller o espírito do Plan Mellora", reivindicou para recordar que nese "estaban representadas todas as organizacións da Atención Primaria galega".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 un calquera

Estades perdendo o norte. Os profesionais que van aí, van con toda a boa vontade e con toda a incerteza do que sairá. Estades a faltarlles ao respecto.