Estalan as protestas dos traballadores de La Voz de Galicia tras os primeiros despedimentos

O comité convocou un paro para protestar contra a "escuridade e mala fe" coa que está actuando a empresa e anuncia que recorrerá nos tribunais os despedimentos executados. Dá por rotas as negociacións sobre o novo convenio.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/01/2019 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Era unha bomba de reloxería que tarde ou cedo ía estoupar. A conflitividade laboral materializouse xa en La Voz de Galicia, malia que a dirección a negou sempre e aseguraba non contemplala. Os traballadores decidiron dar un paso adiante e mostrar aos lectores e á cidadanía galega a súa indignación polos recortes de persoal e salariais que a empresa está a aplicar ante as mudanzas estruturais e organizativas.

Protesta dos traballadores de La Voz de Galicia
Protesta dos traballadores de La Voz de Galicia | Fonte: Comité de La Voz de Galicia .

Baixo o lema "Nin un só despido", traballadores de La Voz convovados polo comité de empresa concentráronse este xoves en protesta por los despedimentos executados na Coruña, Santiago e Lalín.

Esta protesta chega xusto cando a empresa vén de implementar os seus plans para este ano: reestruturación do organigrama da redacción e reorganización do traballo, que veñen acompañados por baixas incentivadas e despedimentos para desfacerse dun 20% do persoal, ademais dunha nova redución salarial.

Que levou aos traballadores a expresar publicamente a súa indignación? Segundo fontes de La Voz, "a empresa decidiu romper a paz social nun momento delicado ao executar catro despedimentos nas delegacións". E "ningún despedimento foi comunicado ao comité".

É por isto que o comité dá por rotas as negociacións sobre o novo convenio e advirte a todos os traballadores de La Voz que se descoñecen os plans de futuro da empresa e que poderían incluír máis despedimentos.

Ata onde o comité sabe, "calquera traballador podería ser despedido nas próximas horas". De feito, denuncian que todos os despedimentos se realizaron sen a preceptiva presenza dun representante sindical, co que a empresa tomou estas medidas "con escuridade e mala fe", critican. 

As mesmas fontes apuntan que todos os despedimentos serán recorridos ante os xulgados. "É inadmisible que isto suceda cando a empresa pechou o exercicio do 2018 con beneficios", din.

En varias asembleas celebradas en Sabón, A Coruña e Santiago o comité trasladou ao persoal a súa indignación ante estas medidas unilaterais. "Non son maneiras", argúen.

Por todo iso, convocaron esta mañá un paro de protesta entre as 12:00 e as 12:30 horas ante todos os centros de traballo que La Voz ten en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Sentidiño

Hai taxis que feden e enfermeiros ruíns, pero os traballadores deses sectores merecen respecto, o mesmo ca profes, administrativos ou avogadas... A acción antisindical debe ser sempre denunciada, porque vulnera dereitos básicos. Saúde e forza!

1 Real

Unha comparación que non é acaída, con todo o respecto. A cuatión sería como é o sistema de adqusición de licencias para sabermos cal é o perfil de taxista ou se hai procesos sicolóxicos adecuados para os que qqueren traballar na saúde. Desde o momento en que un xornal con influencia recebe cartos do poder ó que debe vixíar, deixa de ser xornal para ser la voz de su amo. Apliquemos o sentido común , que é importante para todos. esa falsa conciliación que propós non axuda a ninguén.

3 Gamela

Está ben reclamar os dereitos laborais, pero, cando censuraban comentarios dos lectores pensaron algunha vez que estaban a COLABORAR coa Empresa máis subvencionada de Galicia? // Defenderei sempre a liberdade de Información e de Expresión nos medios (pero cando un medio decide venderse ao mellor postor é moi difícil atopar unha saída digna a esta situación!) // Antecedentes: Vieiros / Xornal de Galicia / e a páxina dominical do Caudillo de Vigo, Faro de Vigo http://gamela00.blogspot.com/2015/0...

2 Siso

Nen a Xunta de Galicia vos salva xa...

1 LaCoz

Agora que veñen negras protestades. Anos e anos malinfomando, censurando e agochando Galiza pero é agora cando saltades...

1 julian

os traballadores son traballadores coma ti, e coma todos que teñen familia e que traballan moitísimas horas ao día... un despido non se lle desexa a ninguén. É tristisima a pouca comprension que hai cos traballadores cando se trata da prensa, por moito que non che guste un medio hai que respetar

2 Xurxo

Lamentable o teu comentario. Se non entendes o que e a liberdade de prensa, non digas nada. Sentate, descansa a cabeza e le o ABC.

3 Real

Pois son traballadores que perciben unha nómina semipública (xa sabemos todos para que veñen eses millóns da xunta de feijóo) e xmais protestaron. Nin cando facían portadas que alababan o terrorismo na Venezuela ou no Irán. Nin cando ocultaron os protestos destes días contra o Sergas. E non é desexar nada a niguén, é sermos responsables. Eses traballadores colaboraron sen dicir nada para destruir persoalmente a Touriño e Quintana; hailles que ter mágoa? Cando deitaron toda a ética e desprezaron o noso dereito a unha información veraz estaban a ser solidarios connosco? Mira, que non lles pase nada malo pero eu que sei, puxeronse eles soíños lonxe de todos.