Abertas dilixencias ao fiscal xefe de Ourense por presunto abuso de autoridade

A Inspección da Fiscalía Xeral do Estado toma en conta a denuncia dunha avogada. A investigación tamén afectaría ao fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2019 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A Inspección da Fiscalía Xeral do Estado abriu dilixencias informativas ao fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado, por mor da presentación da denuncia dunha avogada. 

O fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado
O fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado | Fonte: s4net.com

A denuncia procede da avogada Elena Díaz Valverde, que representa á ex concelleira socialista de Urbanismo do Concello de Ourense, Áurea Soto. Segundo explicou a ex edil, as dilixencias estarían encamiñadas a solicitar información para aclarar se o Fiscal cometeu unha falta disciplinaria grave de "abuso de autoridade".

A investigación tamén afectaría ao fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, para esclarecer se cometeu unha falta disciplinaria de ignorancia inescusable no cumprimento de deberes. A denuncia por parte da avogada foi presentada en setembro do pasado ano.

CRÍTICAS DO BNG

Por mor destas informacións, o Bloque Nacionalista Galego tachou de "moi grave" a apertura de dilixencias.

Para o BNG resulta de "máxima gravidade a existencia de indicios que sustentan á apertura das dilixencias informativas contra ambos os fiscais" porque porían de manifesto "moitas dúbidas" sobre a súa actuación, así como a "independencia do sistema xudicial".

O BNG considera que "o expediente disciplinario contra Florentino Delgado e Fernando Suanzes resulta un novo exemplo da falta de separación de poderes" que se está observando" na xustiza española. Neste sentido, manifesta "a insuficiencia de medidas para apartar a estas persoas da actividade xudicial, mentres que non se esclarezan as súas responsabilidades".

Por outra banda, o BNG ve "necesario facer unha reflexión" sobre o "uso espurio" da xustiza ao "servizo dos intereses do Partido Popular" e fai referencia ao caso do ex alcalde de Ourense, Manuel Cabezas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta