Novo boom inmobiliario en Galicia

A compra de vivendas acumula oito meses consecutivos de incrementos. O pasado mes o incremento foi dun 14%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2019 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A compravenda de vivendas aumentou un 13,9% en novembro de 2018 respecto ao mesmo mes do ano anterior, ata situar o total en 1.438 operacións, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estadística (INE).

Operarios nunha obra
Operarios nunha obra | Fonte: EP

Este incremento é 11 puntos superior á media (+2,8%). é o sexto maior avance interanual entre comunidades, que lidera Cantabria (+30,3%). Deste xeito, a compravenda de vivendas en Galicia acumula oito meses consecutivos de alzas interanuais, dado que o último dato negativo produciuse en marzo de 2018.

O cociente por cada 100.000 habitantes sitúase en 66 compravendas de vivendas en Galicia durante o undécimo mes do ano. é o segundo máis baixa do país, lonxe da media (114). A maior parte das vivendas que se venderon foron libres (1.376), fronte a 62 protexidas; así como de segunda man (1.113), mentres houbo 325 novas.

SUBIDA DE LEIRAS TRANSMITIDAS

En total, foron 8.163 as leiras transmitidas inscritas nos rexistros en Galicia en novembro, un 8,5% máis que no mesmo período de 2017, o que supón 373 operacións por 100.000 mil habitantes. Este avance é un punto inferior á media (+9,4%).

Foron 2.214 leiras rústicas (900 transmistidas mediante herdanza, 681 por compravenda, 46 doazóns, 30 permutas e 557 operacións doutra clase) e 5.949 urbanas, delas 3.132 vivendas, 163 solares e 2.654 doutro tipo.

As leiras urbanas transmitíronse a través de 2.769 compravendas, 1.256 herdanzas, 92 doazóns, 8 permutas e 1.824 operacións distintas. En canto ás vivendas en concreto, con 3.132 transmitidas, correspondéronse coas 1.438 compravendas, 733 herdanzas, 45 doazóns, dúas permutas e 914 operacións no apartado doutros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta