A prisión un home que se entregou por un apuñalamento mortal en Betanzos

O suceso tivo lugar na noite do 30 de decembro logo dun par de disputas entre os implicados. Nun primeiro momento, o autor dos feitos fuxira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2019 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución Número 3 de Betanzos (A Coruña) decretou prisión para o home que se entregou este xoves polo apuñalamento mortal doutra persoa nesta localidade.

O centro penitenciario de Teixeiro.
O centro penitenciario de Teixeiro.

Así o confirmaron fontes da investigación, que precisaron a Europa Press que o individuo será trasladado ao cárcere coruñés de Teixeiro, logo de ter pasado a disposición xudicial na mañá deste venres.

O Equipo de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil da Coruña detivo este xoves nas súas dependencias ao presunto autor da morte dun home na localidade coruñesa de Betanzos tras entregarse. Segundo informou o Instituto Armado, o detido, un cidadán colombiano, acudiu á Comandancia acompañado do seu avogado e fixo entrega dunha arma branca coa que supostamente "apuñalou á súa vítima en tres ocasións".

Os feitos iniciáronse a noite do 30 de decembro cando ambos os homes mantiveron unha segunda disputa nun curto intervalo de tempo. A rifa culminou co falecemento da vítima por tres feridas de arma branca e coa posterior fuxida do autor dos feitos.

"Nun primeiro momento todo apunta a que o detidose entregou debido á presión de saberse identificado pola Garda Civil, quen puido tomar declaración a numerosas testemuñas", destacou a Benemérita.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta