Os traballadores contra incendios intensifican as protestas contra a Xunta

O comité de empresa de Seaga convoca unha concentración para reclamar solucións para a maioría do seus 500 empregados, que "quedarán na rúa" tras a reestruturación deste servizo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2019 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Seaga, a empresa pública de extinción de incendios dependente da Consellería do Medio Rural, convocou para este luns unha concentración para reclamar "solucións" á Xunta para a "maioría" das súas 500 empregados, que "quedarán na rúa" tras a reestruturación deste servizo.

Traballadores de Seaga en folga
Traballadores de Seaga en folga

O presidente do comité de empresa de Seaga en Pontevedra, Josafat Pontes, recordou que no verán de 2018 a Consellería anunciou que, tras a reestruturación que incluiría a posible desaparición desta empresa pública, "non habería despedimentos" e os empregados pasarían a "ocupar prazas na Xunta". No entanto, denuncian que "agora parece" que estes postos "non son" para eles.

Pola súa banda, o presidente do comité na Coruña, Peter Brea, di "non entender que se lles diga que lles darán unha solución" tras o decreto de reestruturación, que pasaría por "integralos" na Xunta, e agora se lles bote "fóra sen dicirlles nada".

"A día de hoxe, non sabemos que vai ser. Solicitamos onte por escrito unha reunión co conselleiro (José González) e o director xeral de Función Pública (José María Barreiro) para que nolo expliquen", expresaron os representantes.

PIDEN "RESPECTO" Á SÚA FORMACIÓN

Ademais, Josafat Ponte pediu "respecto" á súa formación como "bombeiros forestais", pois rexeitan que sexan incluídos nas brigadas de limpeza de franxas de seguridade.

Así mesmo, os representantes dos traballadores de Seaga critican que "non poden acceder ás reunións" coa Xunta para tratar o alcance do decreto, xa que nas negociacións participan os sindicatos dos empregados públicos.

Tamén censuraron que as entrevistas concertadas coas autoridades "sempre se tiveron que forzar" a través de "protestas e mobilizacións", polo que a concentración do luns é unha forma de "empezar" con estas reivindicacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José Marías

Que non mintan. A Xunta NON os deixa na rúa. E en ningún momento se lles dixo que as prazas de nova creación serían para eles. Esas prazas sairán como saen todas a través das listas de contratación. Piden respeto, pero os que non respetan son eles menosprezando o traballo de prevención que se lles encomendou xa. Que den palmas de alegría si Función Pública finalmente lles puntúa as campañas traballadas. Algo que sabían dende o primeiro momento que era así, pero que asumiron como custo para obter outros beneficios que non tiñan outros traballadores do sector (concellos, Tragsa, etc).