Por E.P. | A CORUÑA | 11/01/2019 | Actualizada ás 16:47
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, pronunciouse este venres sobre o pacto para o novo Goberno en Andalucía para manifestar a súa preocupación polo inicio dun pacto cun partido "xenófobo e misógeno" -en referencia a Vox- que "nega a realidade" da violencia de xénero.
En declaracións aos xornalistas, na rolda de prensa de presentación dos datos de sinistralidade na Coruña, Losada mostrouse "sorprendido" da "viraxe" do PP ao "dar ás" a un partido que "nega a realidade" da violencia de xénero.
Así, acusou ao presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, e ao presidente do PP, Pablo Casado, de "dar ás" a un partido de "extrema dereita". "A violencia de xénero é real, é un grave problema que existe en España e a violencia de xénero non se pode tirar pola borda por conseguir un goberno", apuntou Losada.
O delegado chamou a "non pór ao bordo do precipicio" o asunto da violencia de xénero fronte a un partido -Vox- que "quere facer confundir á sociedade de que non existe" a violencia machista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.