Ferreiro presentará unha lista que recolla "todas as sensibilidades" para finais de xaneiro

O alcalde da Coruña creo que non haberá problema para pechar a lista se se pon por diante o principal.

Por E.P. | A CORUÑA | 11/01/2019 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

Así respondeu aos xornalistas, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno Local, tras ser preguntado pola petición de Podemos de reservarlles postos na candidatura ás eleccións municipais de maio.

Xulio Ferreiro. EUROPA PRESS - Archivo
Xulio Ferreiro. EUROPA PRESS - Archivo

Ferreiro avanzou que presentará unha lista que aglutine "todas as sensibilidades", para que todos os simpatizantes de Marea Atlántica "poidan estar satisfeitos", e tamén as persoas que "están inscritas en Podemos e que tamén ven na Marea Atlántica ao seu goberno municipal". "Creo que non debería haber moito problema se pomos por diante o principal, non hai ningún tipo de fricción", dixo Ferreiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 mentiroso compulsivo

Aforrade os cartos dos cidadans... non mais trapalladas!!!!