Temas: CGT RTVE CRTVE GALEGO

Denuncian a "discriminación" do galego en RTVE

O sindicato CGT di que o ente está incumprindo a lei.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/01/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Sección Sindical da CGT en RTVE Galicia denuncia a "discriminación do galego" e o "incumprimento da lei" no que se refire ao seu uso nun medio de comunicación público este e do Manual de estilo do ente.

Sede de RTVE
Sede de RTVE

"Estes incumprimentos fanse cando, de xeito reiterado, ó recoller totais, declaracións e entrevistas a galegos se fai por duplicado, en galego e en castelán, coa clara intención de relegar o galego ós informativos territoriais e o castelán usalo nos informativos estatais", detalla o sindicato.

A CGT lembra que xa no ano 2014 o Consello de Informativos se pronunciou sobre outra queixa na que se denunciaba esta práctica, apuntando que o correcto é usar subtítulos.

"Despois de comunicarllo en múltiples ocasións á dirección de CRTVE en Galicia, tanto por escrito como verbalmente, a situación, lonxe de corrixirse, empeora día a día", lamenta o sindicato.

Neste sentido, critica que "tanto os propios xornalistas de RTVE Galicia, como incluso xente que fai declaracións para RTVE caen na autocensura, repetindo as declaracións, ou facéndoas directamente en castelán".

"Temos claro que esta situación hai que corrixila, as leis están para cumprilas", engaden desde a CGT.

O sindicato recorda que a situación se denunciou en distintas institucións e na sesión da Comisión de Control de RTVE do mércores 19 de decembro, na que se lle plantexou unha pregunta a Administradora única, Rosa María Mateo por parte da senadora Vanessa Angustias.

"Consideramos dunha gran irresponsabilidade, por parte do director de CRTVE en Galicia manter esta actitude cara o galego, sobre todo tendo en conta as veces que se lle recordou este incumprimento e o tempo transcorrido", din.

Temas: CGT RTVE CRTVE GALEGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

6 urco

Hai 20 anos existia umha Rádio 4 de RNE que emitia integramente em galego e TVE realizava na Galiza umha desconexom vespertina com programaçom em galego. TVE vem de anunciar um aumento da desconexom em catalám em Catalunha. Voltarmos polo menos ao que tínhamos hai 20 anos é o mínimo exigível .

5 Fran Correa

"El bilingüismo real y efectivo solo se consigue con una inmersión temprana, generosa e inmisericorde a la lengua socialmente débil". Copiado textual. Dito por un castelán, nada sospeitoso de nacionalista periférico, e repetido en foros científicos onde se debate con coñecemento de causa e con solvencia. Sabemos da solución. Non alimentemos os troleiros de taberna e menos os fascistas que odian o diferente e pretenden aniquilar a diversidade.

1 nostrus

Eso es igual como si yo te digo que para que ames la caza debes iniciarte en ella desde pequeño. Y lo mismo digo de la religion, el futbol, la tauromaquia ctr. Pero lo cierto es que cada uno puede tener sus aficiones y devociones, pero no tiene que tratar de imponerselas a los demas. ¿Y el latín?, ¿como es que no os da lástima que el latín sea una lengua muerta?. cometeis el error de tratar de conceder a las lenguas los derechos humanos, pero lo cierto es que las lenguas no tienen derechos, son inventos de los humanos y no sufren ni padecen y les importa un h.evo que las usemos o no.

4 Realpolitik

O galego está a piques de chegar ao punto de non retorno. Ou se implanta a inmersión dos cativos en galego ou nun par de décadas só os máis vellos aínda poderán falalo. A castrapización da lingua é patente ata en concellos onde o español era testemuñal. Pedir a igualdade co castelán xa non abonda para mudar a situación. A Xunta, RTVG, etc están a asasinar unha lingua milenaria coa complicidade dos medios e a pasividade dunha sociedade colonizada.

1 nostrus

Eu falo galego dende sempre a pesar de nunca estudalo porque na miña época de estudante non existia nin como asignatura, son fillo de galegofalantes e paréceme moi ben que sexa oficial e o use todo aquel que queira, pero estou en contra de tratalo como relixion, agás para aqueles que lle queiran rezar. Son conscente de que é unha lingua innecesaria e excasamente útil, pero inda asi síntome cómodo falandoo. Tedes moi pouca fe no pobo galego que conservou a lingua galega durante séculos.

3 VIVA ESPAÑA

Claro que vos queremos impor o galego, porque así polo menos poderiades queixarvos de discriminación con criterio, coma nós que temos imposto o castelán.

2 Trouño

Os galegos temos a obriga de saber castelán, obriga. Os casteláns falantes nunca reclamades isa obriga á inversa. En Galiza falo e falarei sempre en galego. Quen non me entenda que o aprenda ou marche, estou na miña casa. Reclamades sempre bilingüismo pra esmagar o pouco galego que resta por lixar.

1 nostrus

Pues tu reclamas la obligacion de saber el gallego y en cambio supongo que estarias en contra de la obligacion de saber el catecismo, reclamas que haya mas gente que hable gallego porque te parecen pocos, pero supongo que estarias en contra de aumentar el número de homosexuales porque son minoria. Desciende el numero de bodas religosas...¿estas a favor de aumentarlas?, desciende el nuimero de matanzas caseras..¿estas a favor de aumentarlas o prefieres que la gente haga lo que quiera?. El hecho de que seas tan intolerante de no hablarle a nadie en español aunque no te entienda se puede volver en tu contra cuando vayas a Euskadi y se nieguen a hablarte en español a ti. Si fueras inteligente te darias cuenta de que las barreras lingüisticas no favorecen a nadie y perjudican a todos. Por un mundo mas justo y eficaz debemos solo las obligaciones que se necesiten.

2 Recaré

Típica resposta de galiciabilingüeiro. O cosmopailanismo dos que só queren a supremacía do español por riba de todo. Non pasaredes.