O PPdeG di que nin ALCOA nin o Goberno fixeron os seus deberes para evitar o peche das plantas

O secretario xeral dos "populares" galegos, Miguel Tellado, di que cada vez están máis preocupados pola falta de propostas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2019 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPDEG, Miguel Tellado aseverou que "nin Alcoa nin o Goberno fixeron os seus deberes" para evitar o peche das plantas da Coruña e Avilés (Asturias). E é que, tal e como esgrimiu este venres o número dous dos populares galegos nunha rolda de prensa, o Estado "non foi capaz de establecer" un marco eléctrico estable, unha situación que "afecta de forma grave e seria" á compañía, "pero tamén a outras industrias" como Ferroatlántica, que xeran en total "5.000 empregos en Galicia".

O secretario xeral do PPDEG, Miguel Tellado, en rolda de prensa. PPDEG
O secretario xeral do PPDEG, Miguel Tellado, en rolda de prensa. PPDEG | Fonte: Europa Press

Así, e denunciando tamén a "actitude" da propia empresa ao negarse a retirar o ERE, os populares ven "cada vez con máis preocupación a falta de propostas e solucións" por parte do Executivo central, o que contrapoñen ao "compromiso" da Xunta, xa que "Galicia foi a primeira en pór sobre a mesa propostas concretas consensuadas".

Tellado explicou que tanto a súa formación como o Goberno galego aposta por "definir a figura do consumidor electrointensivo" --industrias cuxo custo enerxético se eleva ao 40 por cento do total--, "reducir o 90 por cento" o prezo de peaxes ao transporte de electricidade, así como diferentes "mecanismos de compensación" por emisión de dióxido de carbono "de carácter trimestral". "Todas estas medidas a curto prazo deberían implementarse, desde o noso punto de vista, con carácter retroactivo, desde o 1 de xaneiro, para trasladar certidumbre á industria electrointensiva de Galicia. Non queremos o peche de Alcoa nin que detrás de Alcoa poida haber máis peches de empresa pola pasividade do Goberno de Pedro Sánchez", remachou.

O GOBERNO REXEITA "A NACIONALIZACIÓN"

Por outra banda, fontes da Subdelegación do Goberno en Galicia defenden a xestión de Pedro Sánchez, posto que "ten como obxectivo principal garantir os postos de traballo e as capacidades industriais das plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña".

"O Goberno segue traballando e anima ás partes a chegar a un acordo neste sentido", valoran, aínda que "non contempla solucións contrarias á normativa europea", rexeitando xa que logo "a nacionalización das plantas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta