Temas: FEIJóO PP

Feijóo e os candidatos do PP nas cidades presentarán este sábado o seu "proxecto común" nun acto en Santiago

No acto presentarase de maneira oficial a Elena Muñoz como candidata do PP para a alcaldía de Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2019 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, arroupará este sábado aos candidatos populares nas sete cidades galegas nun acto que terá lugar no NH Collection de Santiago. Así o anunciou este venres o secretario xeral do partido na Comunidade, Miguel Tellado, quen os cualificou como "os mellores representantes do proxecto común chamado Partido Popular".

Núñez Feijóo. PARLAMENTO
Núñez Feijóo. PARLAMENTO

O dos Peares introducirá de xeito oficial a Elena Muñoz como candidata do PP á Alcaldía de Vigo; a Rafael Domínguez para Pontevedra; Agustín Hernández en Santiago; Beatriz Mato para A Coruña; José Manuel Rei Varela en Ferrol; Ramón Carballo para Lugo; e ao actual rexedor ourensán, Jesús Vázquez Abad, como candidato á reelección.

Tellado avanzou que, no acto, as sete cabezas de lista das urbes "compartirán experiencias de traballo" feito nos últimos meses e "darán as súas impresións" do tempo que queda ata o 26 de maio. "Sete candidatos e unha única marca, un proxecto político: o do Partido Popular de Galicia", manifestou, para despois esgrimir que "se as mareas de Podemos fosen capaces" de facer un acto similar ao do sábado, veríanse "14 candidatos, non sete".

E é que, segundo as súas palabras, o PPDEG é "un partido preocupado polo emprego, preocupado polo crecemento económico, preocupado pola xestión eficiente dos recursos que os galegos pon nas súas mans". "Pero, sobre todo, somos un partido que entende que a política ten a súa razón de ser en solucionar problemas dos cidadáns", subliñou.

Temas: FEIJóO PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta