A Xunta tacha de "mentira" a denuncia de dúas mortes nos corredores do Clínico de Santiago por falta de asistencia

Feijóo avala ao director médico do hospital e o conselleiro de Sanidade reivindica unha atención "en tempo rápido".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/01/2019 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, reivindicou unha atención "en tempo rápido" aos dous pacientes que faleceron en urxencias do Hospital Clínico de Santiago e tachou de "mentira" a denuncia que sitúa en dúas horas e media o que tivo que esperar un deles para recibir asistencia.

Pacientes encamados e en cadeiras de roda nos corredores de Urxencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Pacientes encamados e en cadeiras de roda nos corredores de Urxencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Preguntado polos xornalistas antes de participar na presentación de candidatos populares ás municipais, o conselleiro defendeu que a investigación que iniciou o hospital responde a que "sempre se fai en todos os servizos hospitalarios". "Teñen unha revisión de casos e loxicamente obríganos en xeral para mellorar todo tipo de actuacións e a partir de aí temos que tomar resolucións", expuxo.

Respecto diso, apenas uns minutos despois, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, remitiu ao dito polo director médico do Clínico, ao que avalou, e agregou que a xerencia "fai ben" en investigar os casos porque "se hai denuncias todo ten que investigarse".

Este venres, en sede parlamentaria, transcendeu que profesionais sanitarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) denunciaron ante a Fiscalía a morte de dous pacientes nos corredores do servizo de urxencias na xornada do pasado día 2 de xaneiro.

CONSELLEIRO

"Foron atendidos claramente eses pacientes nun tempo rápido. Entraron en contacto e a partir de aí atendéronse segundo a prioridade que se estableceu nun primeiro momento", respondeu o conselleiro ás cuestións dos medios de comunicación.

Interrogado sobre as dúas horas e media que afirman que tivo que esperar un deles, dixo que "ese dato desa denuncia non corresponde" co que Sanidade di. "Foron atendidos en contacto rápido cos profesionais do servizo e a partir de aí, como digo segundo esa clasificación aténdese", reiterou.

"O que estou a dicir é que por parte dunha persoa dise que morreron no corredor sen atención médica e iso non é verdade", incidiu.

"Non estamos de acordo con esas declaracións, son mentira, parten da base de que non houbo atención. A estes pacientes nun tempo rápido como digo houbo un contacto rápido cos pacientes e atendemos segundo a prioridade establecida", insistiu.

Pola súa banda, admitiu que "os datos concretos que esta persoa di" a consellería non os ten, pero alegou que sempre se fai revisión interna de casos" e engadiu que "logo" están "abertos ao que a Fiscalía, o xulgado queira preguntar".

Incidindo en que a investigación se está realizando nestes momentos, o titular de Sanidade fixo fincapé en que "a espera foi de contacto rápido, uns 10 minutos aproximadamente, e a partir de aí a actuación derivada dese triaxe que ten uns tempos establecidos".

FEIJÓO

Pola súa banda, Feijóo resaltou que se pronunciou dunha forma moi contundente o hospital e unha persoa con moito prestixio que é o director médico do hospital".

"Eles son os que saben as cousas que ocorren nos hospitais. Xa que logo o meu posicionamento é exactamente igual ao do director médico do Clínico de Santiago, que non só é un dos mellores hospitais de Galicia senón que é un dos mellores de España", profundou. "O director médico é unha persoa que goza de todo o apoio e de toda a confianza do Goberno", apostilou.

Para rematar, inquirido sobre se se dá por boa a versión do hospital ao abrir a Xunta unha investigación, respondeu que "fai ben". "Se hai denuncias todo ten que investigarse, por suposto", remachou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 galegoexiliado

Esto é o que hai, esto é o que votan os galegos, y si no os justa.... a venezuela. Dalles caña Alberto, que a masoquistas ós galegos non nos gaña ninguén. E súbenos mais os medicamentos e os céntimos sanitários. GALICIA VA MEJOOOOORR.

1 Gamela

Os mortos seguen a gozar de boa saúde ? A Fiscalía seguro que é da mesma opinión !