Os incendios seguen castigando Galicia en pleno inverno

Un lume na parroquia de San Martiño de Duio, en Fisterra, calcina 26 hectáreas e chega até o mar.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/01/2019 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O incendio forestal da parroquia de San Martiño de Duio do concello coruñés de Fisterra quedou estabilizado este domingo ao redor das 12,30 horas, informou a Consellería do Medio Rural.

Incendio na parroquia de San Martiño de Duio, en Fisterra
Incendio na parroquia de San Martiño de Duio, en Fisterra | Fonte: @Incendiosgalic1

O lume, que comezou este domingo ás 06,58 horas, afecta a preto de 26 hectáreas. Na súa extinción traballaban dous axentes, dúas brigadas, dúas motobombas e un helicóptero.

O fogo chegou ao bordo do mar, impulsado polo vento, deixando imaxes dantescas.

A Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. 

De acordo coas cifras globais da Consellería de Medio Rural, en pouco máis de dez días (do 30 de decembro ao 9 de xaneiro) Galicia tivo 104 avisos de incendio, dos que 65 se transformaron en lumes e 44 quedaron en conatos (o 68%). 

Incendio na parroquia de San Martiño de Duio, en Fisterra
Incendio na parroquia de San Martiño de Duio, en Fisterra | Fonte: @Incendiosgalic1

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 mexilon cincento

Esta claro que non é un lume forestal, será porque algún do pepeiro quere urbanizar a toda COSTA... o pior serán cando as cinzas vaian parar o mar...

1 anonimo

Ahí, nun sitio agreste e batido polo vento ninguén vai urbanizar nada. Esa explicación de que quéimase para urbanizar está moi pasada. Tamén ardeu o Caurel, e , desde logo, non será para " urbanizar". Sobran pisos. As cousas cambian, pero algúns seguen ca explicacións de antes.