O 061 atendeu a 75 persoas debido a 56 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu durante o fin de semana 75 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O sábado foi o día con máis incidentes, cun total de 27.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2019 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu durante o fin de semana 75 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O sábado foi o día con máis incidentes, cun total de 27.

Accidente en Coirós
Accidente en Coirós | Fonte: GC

Segundo informou o 061, a central de coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 11 de xaneiro e as 23,59 horas deste domingo 13 un total de 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 72. En concreto, as ambulancias realizaron 65 atencións; o helicóptero medicalizado, unha; e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en seis accidentes.

En 64 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións os lesionados recibiron atención no lugar do incidente. En canto á proporción de homes atendida ascendeu ao 69 por cento, mentres que a de mulleres reduciuse ao 31%. Ademais, o 061 indicou que o 32% dos asistidos tiña entre os 20 e 34 anos.

Por provincias, a de Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana; con 32; seguida da Coruña, con 16; e Lugo e Ourense, con catro en cada caso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta