A disposición xudicial a parella que feriu ao seu bebé tras unha pelexa

O meniño de 11 meses resultou golpeado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2019 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

A parella de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) detida na mañá deste domingo na súa vivenda familiar, logo dunha pelexa entre ambos na que resultou golpeado o seu bebé de 11 meses, que a muller sostiña en brazos, pasará a disposición xudicial ao longo da mañá deste luns.

Un vehículo da policía
Un vehículo da policía

Segundo confirmaron fontes da investigación a Europa Press, a parella permaneceu en dependencias da Policía Nacional en Vilagarcía de Arousa ata ser levados este luns á sede xudicial.

O bebé de 11 meses foi trasladado ao Hospital do Salnés, tras o que quedou a cargo dun familiar ao descartarse lesións de gravidade. Fontes da Policía Local de Vilagarcía precisaron que ao redor das sete da mañá deste domingo recibiron varias chamadas tanto por parte de veciños da parella, que reside na avenida da Mariña, como dunha tía do menor que tamén convive con eles, para alertar da pelexa.

Ao chegar ao domicilio familiar, ao que tamén se desprazaron efectivos da Policía Nacional, os axentes localizaron á muller, con feridas "nun beizo e unha orella", e ao home, lesionado "no pescozo, a boca e o nariz", ambos con signos de embriaguez, relataron as mesmas fontes.

A Policía Local indicou que o bebé, que recibira un golpe no transcurso da pelexa, foi trasladado a un centro hospitalario para "descartar lesións", pero "non revestía gravidade". Na vivenda tamén residen outros dous menores, un de 14 anos e outro de 7.

A parella foi detida e activouse o protocolo de violencia de xénero. Ambos foron trasladados a dependencias da Policía Nacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta