SOS Sanidade denuncia que o novo contrato para médicos fará que "escapen a fume de carozo" de Galicia

En "caso de aplicarse, non vai quedar nin un", asegura

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/01/2019 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

A Plataforma SOS Sanidade Pública denunciou este luns que o novo contrato para estabilizar persoal facultativo presentado a semana pasada pola Xunta fará que os médicos "escapen a fume de carozo" en "caso de aplicarse" porque "obriga a gardas e a atención ordinaria sen límites".

Médicos nun quirófano
Médicos nun quirófano

Nun comunicado de prensa, o portavoz de SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, criticou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, "están fóra da realidade co novo contrato para estabilizar ao persoal facultativo".

"O novo contrato de Feijóo e Almuiña para estabilizar aos médicos vai facer que escapen a velocidade máxima", sostén a plataforma, que advirte de que, en "caso de aplicarse, non vai quedar nin un".

Sobre o documento, anunciado o xoves no Consello da Xunta e presentado o venres o borrador aos sindicatos en Mesa Sectorial, SOS Sanidade pública critica, ademais, que "non fixa número de centros a atender --o ámbito é o distrito--"; "non establece as horas complementarias que van ter que facer" e "abre a porta a crear prazas fixas similares".

Por iso, por parte da plataforma consideran que "se a Xunta e a Consellería pensan que isto é minimamente atractivo para alguén, xa pode empezar a probar o propio Almuiña, que é médico".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta