Sabías que a contaminación do aire tamén inflúe nos partos prematuros?

O 17% dos nacemenos adiantados pódese atribuír á contaminación do aire, segundo un estudo con datos de todas as provincias de España.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/01/2019 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

Os nacementos prematuros (menos de 37 semanas de xestación) é o principal indicador de morte neonatal durante o primeiro mes de vida e a segunda causa de morte en cativos menores de cinco anos. Cada ano prodúcense no mundo 15 millóns de nacementos prematuros. E a contaminación do aire nas cidades, principalmente como resultado do tráfico urbano, ten un gran impacto nos partos adiantados, aínda que hai poucos estudos realizados sobre este tema en España e Galicia.

ENCE, na ría de Pontevedra
ENCE, na ría de Pontevedra | Fonte: juantiagues en Flickr.

Agora, investigadores do Instituto de Salud Carlos III e da Universidad Autónoma de Madrid presentan un estudo no que cuantifican os riscos das concentracións de contaminantes nos nacementos prematuros en toda España.

Nun período de oito anos contabilizáronse 127.722 partos prematuros en todo o Estado, dos cales ao redor do 17% se poden atribuír á contaminación do aire; en concreto, 5.731 casos atribuíbles ao dióxido de nitróxeno e 15.860 a PM10 (partículas en suspensión de menos de 10 µm de diámetro, que son as que presentan unha maior capacidade de acceso ás vías respiratorias e, polo tanto, maior afección ás mesmas).

Os investigadores calculam que cunha diminución de 10 microgramos por metro cúbico nas concentracións de PM10 e dióxido de nitróxeno, poderíanse evitar ao redor do 12,5% ​​e 4,5% dos partos prematuros, respectivamente.

É por isto que os científicos piden a "adopción de medidas estruturais para reducir estes contaminantes do aire", o cal "debería dar como resultado unha diminución no número de nacementos prematuros en España".

Entre o 7 e o 8 por cento dos bebés que nacen en Galicia son prematuros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta